Para pais e nais

Nesta lapela vamos ir poñendo toda aquela información que cremos que vos poida ser útil:
- sobre o cole, as clases, reunións.... 
- enlances a páxinas web ou blogs nos que poderedes atopar:
                   - recursos educativos para axudar aos vosos fillos e fillas a estudar ou repasar xogando, 
                   - información e consellos de agrupacions de pais e nais sobre a alimentación, o sono, 
                     a educación.... e todo aquelo relacionado có ben estar dos pequenos.
Esperamos que sexa de axuda e lle podades sacar beneficio.
Besotes mil,
Chus, Lucia e Irene
 
Jueduland é unha páxina web con moitísimos xogos educativos e ligazons ás actividades interactivas que veñen nos propios libros dos cativos. Estas ligazóns estan clasificadas por curso, materia e editorial. Recordade que no cole a maioria dos libros son Anaya menos coñecemento do medio de 3º ciclo que son Santillana.

Guia infantil  é unha web feita y comentada por pais e nais poñen artículos e falan sobre moitos aspectos da vida dos pequenos como a alimentació, os hábitos, os valores, a educación, os deberes... tamén comentan psicologos, pedagogos, mestres... Cremos que é moi completa e fiable.

O recanto de mik trátase dunha biblioteca on-line na que podense ler libros, contos, comentarios, recomendacións... Tamén ten xogos educativos e moitos mais recursos para a educación complementaria dos cativos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario